Estatutos
A nosa entidade regúlase polos Estatutos, ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo e constitúese por tempo indefinido para o cumprimento dos fins lícitos que se determinen.
A entidade constituíuse o 24 de novembro do ano 1979, segundo reza en escritura pública.
Rexistrouse o 5 de decembro de 1979, correspondéndolle o número 824, na Sección Primeira do Rexistro Provincial de Asociacións da Delegación Territorial da Coruña, Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.
Inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia co número 1979/000824-1





