FAITE VOLUNTARIO
FAITE VOLUNTARIO
Por que ser voluntari@?
Grazas á túa solidariedade, podemos construír a sociedade na que imaxinamos vivir. A túa colaboración permítenos seguir ofrecendo apoio ás persoas con Autismo e ás súas familias.
As persoas voluntarias precisan:
- Empatía e motivación.
- Compromiso coas persoas.
- Discreción e confidencialidade.
- Capacidade de fomentar a autonomía e inclusión social das persoas con Autismo.
Se te identificas con estes valores, déixanos os teus datos e informarémosche en cal dos nosos centros e servizos podes desenvolver o teu labor como persoa voluntaria.
Se xa es soci@ de Aspanaes e estás a buscar información sobre o servizo de voluntariado para solicitar algún tipo de apoio, visita a páxina Servizo de Voluntariado.




