Sobre Aspanaes

Temos o propósito de reivindicar e promover os dereitos das persoas con autismo e os seus familiares, para que os exerzan nas mesmas condicións que o resto da cidadanía.

A nosa misión é promover oportunidades en todo o ciclo vital de cada persoa con autismo e a súa familia, facilitando apoios específicos e especializados para que poidan desenvolver o seu proxecto de vida.

En 2027 Aspanaes será unha entidade innovadora na súa forma de organizarse grazas á contribución efectiva de persoas con autismo, os seus familiares e profesionais no desenvolvemento dunha entidade máis inclusiva e participativa. Tamén xeraremos e difundiremos coñecemento en autismo, co propósito de defender os dereitos das persoas con autismo e as súas familias, contribuíndo a unha comunidade máis inclusiva.

Os nosos proxectos, asentados na referencia do Modelo de calidade de vida e os Valores de Aspanaes, darán resposta ás necesidades de apoio das persoas autistas con maior autonomía, as que necesitan unha vivenda, e as que necesitan apoio no seu lecer e tempo libre. Para os seus familiares, priorizaremos a súa acollida e participación na Asociación, o seu acompañamento emocional e a oferta de apoios para a conciliación.

Como valor diferencial queremos facilitar apoios a todas as persoas que o necesiten no noso ámbito xeográfico de actuación, que é a provincia da Coruña.
Responsabilizámonos en ofrecer apoios profesionalizados, rigorosos e confiables; e a súa disposición, asentada na nosa identidade asociativa, colaborar xenuinamente cos poderes públicos para alcanzar a misión.

  • Igualdade e Equidade: As persoas con Autismo son cidadáns de pleno dereito e por iso debemos asegurarlles oportunidades individualizadas e axustadas segundo as súas necesidades.
  • Confianza: Cremos nas capacidades, desenvolvemento persoal e o talento das persoas con Autismo. As familias e os profesionais apoiamos a súa capacitación, traballando en equipo.
  • Coherencia: A MISION, os VALORES e a VISION, conectan coa identidade da propia entidade, garantía de credibilidade, fiabilidade e proxección positiva da Asociación.
  • Especialización e compromiso ético: Diferenciámonos pola calidade profesional e humana do noso persoal, o traballo en equipo coas familias e o compromiso ético no noso modelo de intervención.
  • Responsabilidade Social: Estamos comprometidos coa Sociedade, sensibilizando e transferindo coñecemento real sobre as persoas con Autismo. Actuamos como axente de cambio especializado.
  • Transparencia e eficiencia na xestión:  Esixímonos e temos o deber de xestionar con Bo Goberno e de maneira eficiente..
  • O RESPECTO á PERSOA con TEA debe de ser o piar fundamental de toda a intervención.
  • Estar comprometida coa DEFENSA e MELLORA DA CALIDADE DE VIDA das persoas con TEA e das súas familias, sendo defensora e reivindicadora dos seus dereitos e necesidades.
  • Velar pola INCLUSIÓN SOCIAL das persoas con Autismo e difuncir o COÑECEMENTO dos TRASTORNOS DO ESPECTRO AUTISTA NA SOCIEDADE.

O rol social de Aspanaes é ser un axente de cambio a favor da inclusión e participación das persoas con autismo na sociedade.
Somos unha entidade do terceiro sector de acción social que preferentemente prestamos servizos para persoas con autismo e as súas familias, xeramos e difundimos coñecemento sobre o autismo.