| |

Aspanaes galardoada nos VI Premios Santiago Deporte

Estamos radiantes de alegría e moi orgullos@s por este gran logro!

Na recente gala dos VI Premios Santiago Deporte, Aspanaes foi distinguida co premio á Entidade Educativa. Este galardón supón un novo recoñecemento ao esforzo e traballo dos profesionais que forman parte desta Asociación, e neste caso, ademais, ao seu compromiso na promoción do deporte inclusivo e a actividade física entre as persoas con autismo.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto coa concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presidiron a cerimonia no Auditorio de Galicia, onde tamén estiveron presentes destacados membros da Corporación municipal. Este galardón celebra o noso traballo na promoción e desenvolvemento do deporte adaptado, destacando o compromiso de Aspanaes coa inclusión e a igualdade de oportunidades para todas as persoas.

Este premio impulsa aínda máis a nosa misión de crear entornos inclusivos e accesibles para as persoas con autismo. Agradecemos profundamente aos organizadores dos Premios Santiago Deporte por este honor e reafirmamos o noso compromiso de seguir traballando por un futuro onde o deporte sexa unha ferramenta de integración e desenvolvemento para tod@s.