Aspanaes uníuse ao Pacto Mundial da ONU
Unímonos ao Pacto Mundial da ONU España!!
Compartimos o obxectivo dunha xestión ética baseada nos #DezPrincipios en materia de dereitos humanos, dereitos laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción e, ademais, contribuímos á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en aras dunha actividade máis equitativa e sostible, cumprindo cos nosos #Valores, #Visión e #Misión.
Esta adhesión, aporta valor diferencial de Bo Goberno e compromiso coa transparencia e unha mellor recopilación de datos, cumprindo coa obriga de envío do informe de progreso (COP).






