ATENCIÓN SOCIAL E APOIO NA DEFENSA DOS DEREITOS
ATENCIÓN SOCIAL E APOIO NA DEFENSA DOS DEREITOS
Desde Aspanaes impulsamos a reivindicación e promoción dos dereitos das persoas con autismo e as súas familias, para que poidan exercelos en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.
O servizo de Asesoramento Social e Xurídico é un programa innovador cunha metodoloxía e características únicas no Terceiro Sector da Discapacidade por estar destinado a familias socias e a familias de usuarios de servizos con Trastornos do Espectro do Autismo de Galicia. A necesidade de existencia deste programa débese principalmente a:
- A complexidade administrativa e burocrática da Discapacidade.
- A dificultade das familias para atopar recursos xurídicos e sociais especializados.
- Os custos económicos da Discapacidade que supoñen un claro risco de exclusión.
Existen diferentes fórmulas de acceso ao Servizo: telefonicamente, correo electrónico e presencialmente. En función, da actividade requirida será requisito de acceso ou non a condición de familia socia ou ben o de usuaria dalgún servizo de atención directa.
O Gabinete Social e Xurídico está destinado a resolver as consultas, dúbidas e cuestións legais das familias socias. Calquera ampliación das persoas beneficiarias do mesmo dependerá da futura ampliación da capacidade de absorción de casos polo Gabinete. As principais funcións que levan a cabo son as seguintes:
- Orientación e asesoramento legal e social (dependencia, tarxeta de aparcamento, pensións, incapacitación etc.)/ etc.).
- Xestión de reclamacións, recursos e solicitudes no ámbito administrativo.
- Información para a tramitación de Xustiza Gratuíta.
- Relación e coordinación con outros servizos xurídicos e sociais a fin de atopar as mellores alternativas de solución.
- Informes Sociais
- Información e Capacitación para acceder a recursos específicos.
- Formación básica en dereitos para unha resposta áxil e rápida que preveña futuros riscos.
- Elaboración de Modelos xenéricos de reclamación para que poidan usar as familias.




