INDICADORES DE RISCO
INDICADORES DE RISCO
Os/as nenos/as van adquirindo no seu desenvolvemento unha serie de fitos segundo van madurando. Cando algúns destes fitos non aparecen, ou fan de forma atípica ou moi tardía, convén atender a algúns posibles indicadores de risco de autismo.
Ante a aparición dalgún dos signos que se indican a continuación, sería conveniente falar co/a pediatra para que poida derivar á familia a especialistas con experiencia en autismo e que poidan establecer un diagnóstico e orientar os pasos para seguir.
Estes sinais, de forma illada, non implican que un neno ou nena teña Autismo, pero si que nos indica que existe unha necesidade de avaliación especializada deses indicadores.





