O centro está situado nunha zona residencial con vivendas unifamiliares, moi preto do núcleo urbano da vila.
O edificio no que se atopa foi, no seu día, Residencia de Enxeñeiros de ENDESA, e Aspanaes rehabilitouno para acoller o Colexio, o Centro de Atención Diurna e o Centro de Atención Residencial.
O colexio está nunha das ás do edificio; está rodeado dunha ampla zona axardinada, o que permite realizar actividades ao aire libre. Ademais, conta cun parque infantil. Tamén dispoñemos de servizo de comedor.
Actividades destacadas
Programa de Sensibilización du Autismo
En colaboración con diversos centros educativos da zona, planificamos ao longo do curso escolar actividades lúdicas e formativas dirixidas tanto ao alumnado como ao persoal educativo dos colexios. Con isto, buscamos dar a coñecer a realidade das persoas con autismo, co obxectivo de fomentar a integración e promover a concienciación e sensibilización sobre o autismo.
Programa de Colaboración co Conservatorio Municipal de Música de As Pontes
Actividades dirixidas por unha profesora do conservatorio para achegar o noso alumnado ao mundo da música.
Programa de Vida Saudable
A través de diferentes actividades, como natación, obradoiros de hábitos alimenticios ou de hixiene, promovemos que o noso alumnado adquira hábitos saudables que contribúan a mellorar a súa calidade de vida.
























