O colexio Duques de Lugo presta atención educativa a nenos e nenas diagnosticados con trastorno do espectro autista. O centro conta con nove unidades educativas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
Ademais das tarefas curriculares adaptadas ao nivel de desenvolvemento do alumnado, desde o centro lévanse a cabo diversos programas de ámbito deportivo, sanitario e lúdico, que se desenvolven en contornos naturais dentro dos servizos que ofrece a propia comunidade.
O centro educativo conta con servizo de transporte e comedor.
Punto Laranxa contra o acoso escolar
O punto laranxa é unha medida impulsada pola Xunta de Galicia para erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos. Fai clic na imaxe e envía un formulario anónimo.

















