Estamos situados nos arredores da Coruña, na parroquia de San Vicente de Elviña, unha zona próxima ao campus Universitario.
Os principais accesos son a través da AC-14, pola AC-11 Avenida de Alfonso Molina no seu desvío pola C Antonio Insua Rivas. Dispón de varias paradas de autobús urbano a escasos metros (Liñas, 22, 24 e a especial UDC).
Ademais o colexio dispón de 5 Roteiros de Transporte: 2 que cobren a zona de Coruña cidade, e 3 que cobren Concellos próximos (Culleredo, Oleiros e Carballo).
Tamén dispoñemos de servizo de comedor, traballando de forma específica a área de alimentación xa que gran parte do noso alumnado ten dificultades neste ámbito.
Actividades destacadas
Programa de Saúde
No que realizamos sesións de simulación de situacións medicas habituais, co obxectivo de mellorar tanto a familiarización con contextos sanitarios como a habituación aos materiais utilizados polo persoal médico nas súas valoracións cotiás: revisións médicas, analíticas, probas ou outros.
Programa de Música
En colaboración con o IES Menéndez Pidal, o alumnado do Centro realiza todos os anos unha xornada de aproximación á música para persoas con autismo, poñendo en práctica habilidades musicais adquiridas ao longo do curso.
Programa de Restauración
Programa desenvolvido conxuntamente con o CIPF Paseo dos Puentes, a través do cal o alumnado do instituto recibe formación práctica sobre a atención profesional a persoas con Autismo, mentres os alumnos de Aspanaes realizan prácticas nunha contorna natural, sobre a actuación nun restaurante.
Programa de Educación Física
Desenvólvese no polideportivo do Barrio das Flores. Programa conveniado co Concello da Coruña.
Programa de Equitación Terapéutica
Programa en colaboración coa Real Sociedade Hípica da Coruña e Fundación Emalcsa.
Programa de Tenis Adaptado
Este programa leva a cabo en colaboración coa Escola de tenis Marineda, Gadis e Fundación Emalcsa.




























