O Centro de Educación Especial Ricardo Touceda presta atención educativa a nenos e nenas diagnosticados con trastorno do espectro autista. O centro conta con seis unidades educativas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
Ademais das tarefas curriculares adaptadas ao nivel de desenvolvemento do alumnado, desde o centro lévanse a cabo diversos programas de ámbito deportivo, sanitario e lúdico, que se desenvolven en contornos naturais dentro dos servizos que ofrece a propia comunidade.
O centro educativo conta con servizo de transporte e comedor.




















