Servizo de Atención Diurna Terapéutica Castelo


Dirección de centro: Juan Vidal Gorosquieta

O servizo de Atención Diúrna de Castelo está situado nunha área rural a poucos quilómetros de Carral. Dispón dun servizo de transporte privado, xestionado por Aspanaes.

O centro conta cun xardín accesible en terrazas, e un espazo biosaudable con  aparellos de exercicio. Dispón así mesmo dun invernadoiro, habilitado con mesas de cultivo que facilitan o traballo de todas as persoas participantes na actividade do horto.

O edificio, orixinalmente habilitado como escola unitaria rural, se enorgullece de ser o primeiro centro de Aspanaes. Conta con cinco amplas aulas, ascensor, comedor, dous despachos e sete baños, ademais dunha sala de estimulación multisensorial.

Actividades destacadas

Programa de Saúde

Centrado en facilitar o acceso das persoas usuarias aos servizos médicos, establecendo programas para o uso de máscara, revisións médicas, analíticas, simulacións odontolóxicas…

Programas culturais

En colaboración coa Fundación María José Jove desenvolvemos programas culturais de diverso tipo, destacando, as actividades nas exposicións permanentes e temporais, ou o programa “Axuda na praia”.

Actividades musicais

En colaboración desde hai anos coa asociación Demusicade, que ofrece pequenos concertos no propio centro ou actividades no Palacio de Opéraa, entre outras

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. ASPANAES, como responsable do tratamento tratará os seus datos para xestionar as solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións ou queixas relacionados con actividade do responsable que se realizan a través da páxina web. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na Política de Privacidade.

En leste mesmo acto queda informado da obrigatoriedade de facer chegar esta mesma información ás persoas cuxos datos comunique.