O Servizo de Atención Diúrna Terapéutica de Santiago atópase no Monte do Gozo, a 5 quilómetros do centro da cidade. Pódese chegar ás inmediacións do centro a través de tres liñas de autobús: a liña 6 e a 6A, que finalizan en San Marcos, e a liña 7, que para na rotonda da Rúa das Estrelas e Agra do Campo.
O centro conta cun servizo de transporte propio para as persoas usuarias, que realiza diferentes rutas pola zona.
As instalacións do centro están no edificio que albergaba o antigo cámping do Monte do Gozo. Dispón de modernas instalacións, con aulas específicas de terapia ocupacional, logopedia, estimulación sensorial e enfermería, así como unha sala de usos múltiples e comedor.
Actividades destacadas
Programa de habituación
a procedementos Sanitarios
En colaboración co Hospital Clínico Universitario de Santiago, o Centro de Saude Concepción Arenal e aUnidad de Pacientes con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC.
Outras actividades
Lévanse a cabo diversas actividades de voluntariado ambiental, así como programas de actividade física adaptada en instalacións do Concello. Do mesmo xeito, participamos na oferta de actividades culturais e de lecer que ofrecen a cidade e a súa comarca (Museo do Pobo Galego, Auditorio de Galicia, Cidade da Cultura…).


























