Servicio de Atención Residencial Terapéutica As Pontes


Dirección de centro: José Alén Álvarez

A residencia de Aspanaes en As Pontes atópase nun enclave natural, dentro dunha urbanización de vivendas unifamiliares con amplas zonas verdes e a 10 minutos a pé do centro urbano.

O centro está situado a 68 km da Coruña e a 42 km de Ferrol. Con ambas cidades está comunicado por distintas liñas de autobús a primeira hora da mañá e a última da tarde.
O centro conta con furgonetas propias para realizar actividades no exterior e tamén para acudir ás citas médicas.

Actividades destacadas

Piscina terapéutica

Para as persoas con autismo, esta actividade pode axudar a mellorar a coordinación, as habilidades sociais, a autoestima e o procesamento cognitivo. A natación brinda unha excelente oportunidade para o xogo en paralelo con outros participantes.

Programa de Vida Independente

Ten como obxectivo que as persoas usuarias, na medida do posible, melloren a súa autonomía en áreas da vida cotiá: limpeza e orde en espazos persoais ou compartidos, compra en establecementos comerciais, habilidades sociais ou preparación de comidas.

Programa de desensibilización xinecolóxica

Busca facilitar o acceso das persoas con autismo a unha prestación xinecolóxica de calidade, favorecendo a súa inclusión social e mellorando a súa calidade de vida. Consiste nunha aproximación progresiva á exploración xinecolóxica, a través de sucesivas situacións simuladas no noso centro e, posteriormente, coa colaboración do Centro de Saúde de As Pontes, nun contexto real.

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. ASPANAES, como responsable do tratamento tratará os seus datos para xestionar as solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións ou queixas relacionados con actividade do responsable que se realizan a través da páxina web. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na Política de Privacidade.

En leste mesmo acto queda informado da obrigatoriedade de facer chegar esta mesma información ás persoas cuxos datos comunique.