O Servizo de Atención Residencial Terapéutica está situado no concello de Ferrol, concretamente na parroquia de San Pedro de Leixa, unha zona rural a 4 km do centro urbano de Ferrol e a 5 km de Narón. Non hai transporte público que chegue ao centro, pero contamos cunha flota de catro furgonetas para o transporte das persoas usuarias.
A finalidade do servizo é proporcionar ás persoas usuarias un fogar adaptado e confortable, ofrecéndolles unha atención familiar e afectiva, e potenciando todas as súas habilidades e competencias para que poidan acadar a máxima autonomía posible.
Actividades destacadas
Actividades na comunidade
Piscina, sesións de spa, obradoiros de fotografía, participación en actividades de voluntariado para a limpeza de praias, visitas a museos ou participación na actividade de hortos urbanos en Canide, entre outras.
Destacamos unha nova actividade na Biblioteca de Narón, na que, grazas aos apoios necesarios preparados, búscase que as persoas usuarias poidan achegarse a este espazo público da maneira máis autónoma posible. O primeiro paso será facerse socias da biblioteca.




































