Comprende os Servizos de:
- Atención Temperá, conxunto de actuacións preventivas de diagnóstico e intervención dirixidos a poboación infantil entre 0 e 6 anos, á familia e á súa contorna, que teñen por finalidade dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan as nenas e nenos con trastornos no seu desenvolvemento ou en risco de padecelos. As intervencións son desenvoltas por un equipo interdisciplinar composto por profesionais altamente cualificados e en continua formación en modelos e técnicas específicas de atención integral a nenos e nenas con Autismo.
- Estratexias Psicoeducativas, a través do deseño de habilidades sociais e educativas para a abordaxe de problemáticas específicas das persoas con Autismo, entre os seis e os dezaseis anos de idade, mediante un proceso terapéutico e rehabilitador que procura a permanencia na súa contorna habitual.
Actividades destacadas
Feira científica coa UDC
PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. ASPANAES, como responsable do tratamento tratará os seus datos para xestionar as solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións ou queixas relacionados con actividade do responsable que se realizan a través da páxina web. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na Política de Privacidade.
En leste mesmo acto queda informado da obrigatoriedade de facer chegar esta mesma información ás persoas cuxos datos comunique.








