O Servizo de Habilidades Persoais e Sociais de Ferrol realízase nun aula do Servizo de Atención Residencial Coral Seoane, na Parroquia de San Pedro de Leixa, unha zona rural a 4 km do centro urbano de Ferrol e a 5 km de Ferrol.
Actividades destacadas
Obradoiro de Vida Independente
Desenvólvese nun piso situado na cidade de Ferrol, no que recreamos actividades da vida diaria, como a limpeza e orde da vivenda, hábitos de coidado persoal, xestión do diñeiro ou resolución de problemas.
Obradoiro de Preparación de Oposiciones
Impartese dúas veces á semana e dedícase á preparación de distintas oposicións.
Traballamos na comprensión do temario, planificación do estudo, realización de exercicios tipo test, simulación de exames, etc.
Obradoiro de Aprendizaxe na Comunidade a través do Ocio
Fomentamos habilidades sociais, empatía e vínculos sociais a través de actividades divertidas. Traballamos competencias para desenvolverse con soltura no entorno. Visitamos museos, granxas, realizamos traxectos en transporte público…
Obradoiro de Sexualidade e Afectividad
No que se traballa a identificación de distintos tipos de relacións afectivas e afectivo-sexuais, conceptos importantes nas relacións persoais sobre diversidade sexual e identidade de xénero, prevención do acoso a través das redes sociais, etc.
Obradoiro de Cociña e
Hábitos Saludables
Neste obradoiro apréndense hábitos de vida saudables e receitas básicas de cociña que lles permitan combinar alimentos e comidas de forma equilibrada.
Sesións individuais de apoio emocional e psicolóxico
Trabállanse aspectos da súa vida cotiá nos que precisan apoio, aprendizaxes específicos, comprensión do diagnóstico, xestión emocional, técnicas de relaxación, etc.



















