Servizo de Promoción da Autonomía Personal Ferrol


Os Servizos de Promoción da Autonomía Persoal de Ferrol ofrecen aos menores con Autismo e ás súas familias unha resposta específica ás súas necesidades, realizando unha intervención precoz como estratexia para mellorar o grao de autonomía e, con iso, a súa calidade de vida.

As instalacións do Servizo están situadas en San Pedro de Leixa e contan cun equipo de profesionais formado por psicóloga, logopeda e traballadora social.

Actividades destacadas

Sesións Individuais

Nelas contamos coa participación das familias, co fin de xeneralizar os obxectivos traballados diariamente ca persoa usuaria.

Sesións Conxuntas

Desenvólvense cas diversas persoas usuarias do centro e o seu propósito é promover dinámicas de xogo compartido.

Sesión sGrupales

Tratan de fomentar hábitos de autonomía persoal con actividades como a realización de compras en establecementos de alimentación ou comerciais, visitas a locais de restauración ou actividades culturais na comunidade, entre outras.

Obradoiros de pais e nais

Espazo de encontro entre familias que permite compartir experiencias e realizar actividades formativas en cuestións relacionadas co Autismo.

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. ASPANAES, como responsable do tratamento tratará os seus datos para xestionar as solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións ou queixas relacionados con actividade do responsable que se realizan a través da páxina web. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na Política de Privacidade.

En leste mesmo acto queda informado da obrigatoriedade de facer chegar esta mesma información ás persoas cuxos datos comunique.