Clausulado RGPD

Co obxectivo de cumprir co Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) 2016/679 da Unión Europea, Aspanaes pon á disposición de todas as persoas usuarias da súa páxina web a información adicional necesaria sobre o tratamento de datos nos diferentes espazos:

Exercicio dos dereitos:

O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito adxuntando fotocopia do seu documento identificativo, e dirixila á Sede Social de Aspanaes, sita na C/José Pascual López Cortón, 2, planta 1, oficina 1 – 15008 – A Coruña. Así mesmo, poñemos á súa disposición modelos para o seu exercicio, que poden recollerse nas nosas instalacións ou descargarse neste espazo:

Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control: No caso de que non se respectasen os seus dereitos, pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es

En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente. Para máis información: www.aepd.es