De Aspanaes As Pontes á Ville de Lesneven de man de Iago.
Un ano máis, veciños e veciñas de As Pontes van de viaxe a Lesneven, Pobo da Bretaña francesa co que están irmandados. Pero este ano é un pouco distinto, este ano o regalo institucional está feito, nin máis nin menos, que por Iago, un dos artistas da nosa Residencia de As Pontes.
Desde a Concellería de Cultura pídese este gran encargo e Iago ponse mans á obra para crear esta gran peza do Lago de As Pontes que acompaña dunha emotiva carta.
O cadro e a carta de Iago foron todo un éxito en Lesneven e tiveron unha marabillosa resposta. A través de Lorena Tenreiro, concelleira de cultura de As Pontes, a Alcaldesa de Lesneven, Claudie Balcon, fixo chegar a Iago un regalo de agradecemento acompañado dunha carta escrita de seu puño e letra.
Desde Aspanaes gustaríanos dar o noso agradecemento ao Concello de As Pontes por contar con nós para esta estupenda colaboración e tamén á Ville de Lesneven pola súa preciosa resposta.












