Convidámolo a revisar as condicións xerais que regulan as doazóns a través deste sitio web.
Ao usar este sitio web, vostede queda vinculado a estas condicións, polo que lle recomendamos que as lea detidamente.
ASPANAES:
- é unha entidade non lucrativa de acción social, declarada de Utilidade Pública desde o ano 1996.
- optou polo réxime fiscal especial previsto na normativa de mecenado, razón pola cal vostede, ademais de colaborar con persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e coa asociación, pode beneficiarse dunha dedución fiscal na súa declaración da renda ou, se é o caso, no imposto sobre sociedades: pode ver o detalle das deducións aplicables en https://www.fundacionlealtad.org/para-colaborar-con-ong/deducciones-fiscales/.
- aposta pola mellora continua, e todos os seus servizos contan con certificación de calidade conforme á norma UNE-EN ISO 9001:2015.
- quere prestixiar a súa xestión con rigor, evidenciado polos informes de auditoría externa.
- está comprometida coa transparencia e o bo goberno, sendo a primeira entidade galega acreditada pola Fundación Lealtad.
CONDICIÓNS XERAIS
As presentes condicións son de aplicación para todas as doazóns realizadas a través do sitio web www.aspanaes.org (en diante, o “sitio web”).
Ao realizar unha doazón, vostede garante que é maior de 18 anos e que ten capacidade legal para cursar contratos vinculantes.
Estas condicións non se aplican á cesión de uso de bens mobles e inmobles, que tamén son doazóns fiscalmente deducibles, pero que deberán tramitarse poñéndose en contacto directamente con Aspanaes a través dos datos indicados na sección de atención ao cliente.
Obrigas do usuario
Como usuario, está obrigado a comunicar todos os datos necesarios para o acceso e utilización dos servizos deste sitio web.
Estes deberán ser veraces e actualizados e consente en que poidamos facer uso deles para poñernos en contacto con vostede se for necesario.
É indispensable que facilite toda a información catalogada como obrigatoria, xa que, de non facelo, non poderemos completar a súa doazón.
O usuario deberá facer un uso adecuado dos servizos incluídos no sitio web, sempre de conformidade coa normativa vixente, e non levará a cabo ningunha actividade que dificulte ou interfira co seu funcionamento.
Medidas de seguridade
Estableceremos todos os mecanismos razoables ao noso alcance para garantir que os seus datos persoais se conserven e que a transacción se execute con seguridade en todo momento.
Somos responsables ante vostede por calquera fallo de seguridade debido á nosa neglixencia.
Titular do servizo
O titular do servizo é Aspanaes, con CIF G-15048937 e domicilio en R/ José Pascual López Cortón, 2, planta 1, oficina 1, 15008 A Coruña, España.
Procedemento de doazón
Solicitaráselle que introduza os seus datos, así como a súa dirección de correo electrónico, xunto coa cantidade a doar.
Pode realizar a súa doazón de forma puntual mediante un pago con tarxeta ou facerse socio a través dunha transferencia bancaria periódica.
As doazóns puntuais ou periódicas superiores a cen euros (100,00 €) non poderán ser anónimas, en aplicación da normativa de prevención do branqueo de capitais e da financiación do terrorismo.
Política de devolucións / cancelacións
Antes de finalizar a doazón no sitio web, vostede poderá revisar todos os detalles asociados á mesma e corrixir o que considere necesario.
Unha vez confirmada, non será posible modificar nin anular a doazón a través do sitio web. Para iso, deberá poñerse en contacto con Aspanaes, e a doazón só poderá ser modificada ou anulada nos termos establecidos na lexislación vixente.
Moeda, impostos e prezo
Todas as doazóns efectuaranse en euros (€).
Forma de pago e seguridade
A doazón debe realizarse mediante tarxeta de crédito ou débito (emitida por unha entidade con sede social en España) VISA ou MasterCard.
O importe da doazón cargarase na súa tarxeta, polo que deberá indicar o número, a data de caducidade e o código de seguridade CVV (incluído no anverso). No caso de que a súa tarxeta estea securizada, solicitaránselle os códigos de seguridade pertinentes.
Estes datos non serán gardados nin manipulados en ningún caso por nós, senón que serán rexistrados directamente na pasarela de pagos da entidade correspondente, utilizando para iso un sistema 3D Secure.
O sistema 3D Secure é un sistema de seguridade de pago que protexe os datos do titular da tarxeta durante as transaccións en liña ao requirir que o usuario introduza un contrasinal único ou un código de uso único, ademais do número da súa tarxeta de crédito e a data de caducidade. Isto axuda a reducir o risco de fraude ao realizar compras por internet. O cargo efectuarase en tempo real a través desta pasarela de pago.
No caso de que o cargo non poida levarse a cabo finalmente (por calquera causa), a doazón quedará anulada automaticamente.
No caso de doazóns periódicas mediante recibo domiciliado bancario, deberá incluír no formulario, ademais dos seus datos de contacto, o seu número de conta e o nome do titular da mesma, así como a cantidade a doar e a frecuencia, a fin de poder realizar as correspondentes domiciliacións.
Atención ao cliente
Pode contactar connosco das seguintes maneiras:
- Enviando un correo electrónico á dirección: administracion@aspanaes.org
- Chamando ao teléfono 981 130 044, en horario de luns a venres, de 8:00 a 15:00 h, salvo días festivos.





