SantYaGo10K corre polo autismo
A IX edición da SantYaGo10K, que se celebrará o 10 de maio de 2025 en Santiago de Compostela, destinará os seus beneficios a Aspanaes. Esta carreira nocturna, que percorre o casco histórico da cidade, consolidouse como un evento destacado no calendario deportivo galego.
Este ano, ademais da tradicional carreira de 10 quilómetros, homologada pola Real Federación Española de Atletismo, a organización incorporou unha carreira para escolares, fomentando así a participación de persoas de todas as idades.
As inscricións xa están abertas e, no momento de anotarse, pódese realizar unha achega adicional á nosa Entidade. Animamos a todas as persoas interesadas a participar neste evento deportivo e solidario, que non só promove hábitos de vida saudables, senón que tamén contribúe ao apoio das persoas con autismo e as súas familias.
Agradecemos fondamente á organización da SantYaGo10K polo seu compromiso e solidariedade coa nosa causa. Esta colaboración reforza o noso traballo diario para promover oportunidades ao longo do ciclo vital de cada persoa con autismo e as súas familias.
Para máis información sobre a carreira e inscricións, podes visitar a páxina oficial da SantYaGo10K.
🏃♀️🏃♂️ Corre polo autismo! 💙
Foto de portada de Juanma Fotografía






