Segundo premio en Innovación en Saúde no sistema público de Saúde de Galicia.
Gañamos o 2º premio na modalidade de pacientes na IV edición dos premios de Innovación en Saúde no sistema público de Saúde de Galicia.
O noso programa “Facilitar o acceso á consulta ginecolóxica para mulleres con TEA” foi merecedor do prestixioso premio, que pon en valor os entornos colaborativos entre os profesionais sanitarios e profesionais do autismo, que repercuten directamente na saúde das persoas con autismo.
Ter en conta as diferentes necesidades, o emprego de ferramentas comunicativas alternativas, usar estratexias facilitadoras, flexibilizar os tempos, establecer profesionais de referencia, o coñecemento mutuo e o intercambio de información, garantizan o acceso á sanidade en igualdade de oportunidades e condicións que o resto da poboación.
Desde este espazo, agradecer aos profesionais do Centro de Día de Monte do Gozo e do Centro Residencial de As Pontes, pola súa motivación e a búsqueda continua da mellora da calidade de vida das nosas persoas usuarias.
Declarar o noso máis sincero agradecemento ao Servizo de Ginecoloxía do Hospital Clínico de Santiago e ás matronas do centro de saúde de As Pontes, pola súa dedicación e comprensión da diversidade de todas as persoas. E tamén agradecer, á área sanitaria de Santiago e Barbanza e á área sanitaria de Ferrol, pola súa sensibilidade, accesibilidade e compromiso.
O esforzo e colaboración de todos os implicados impacta positivamente na saúde das mulleres con TEA.






