Servizio de información e orientación

O Servizo de Información e Orientación ten como finalidade acompañar a persoas con indicios de autismo ou cun diagnóstico, así como ás
súas familias. Proporciónase orientación sobre recursos que poden ser utilizados, tanto na entidade como fóra dela. Tratamos de acompañar ás familias e persoas con autismo na procura de recursos e orientacións adaptados ao seu caso particular.

leva a cabo mediante entrevistas presenciais, por vídeo chamada ou
telefonicamente, segundo as necesidades de apoio detectadas.

Preguntas Frecuentes

Principalmente a familias ou persoas con autismo que acaban de recibir un diagnóstico ou unha sospeita de autismo, ou que acaban de mudarse á provincia e descoñecen os servizos que poden favorecer o seu desenvolvemento ou os recursos que poden solicitar.

En ocasións tamén se ofrece orientación a profesionais externos que solicitan o servizo e buscan opcións para orientar as persoas usuarias dos seus servizos.

As entrevistas son realizadas por un profesional do Equipo psicopedagóxico
da entidade (psicóloga ou psicopedagoga), tamén pode participar a traballadora social.

Realízase unha entrevista estruturada coa persoa, a familia ou
conxuntamente, buscando coñecer as súas demandas, necesidades e habilidades, proporcionándolles información e recursos aos que poida acudir (de intervención, bolsas, axudas económicas, outras)

Poñéndose en contacto coa entidade, tanto a través do tlf 981 130 044, por mail
escribindo a sio@aspanaes.org ou a través do formulario de contacto que atoparás a continuación

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. ASPANAES, como responsable do tratamento tratará os seus datos para xestionar as solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións ou queixas relacionados con actividade do responsable que se realizan a través da páxina web. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na Política de Privacidade.

En leste mesmo acto queda informado da obrigatoriedade de facer chegar esta mesma información ás persoas cuxos datos comunique.