Servizo de valoración

Neste servizo, referente no sector, realízanse valoracións e diagnósticos dos casos que se presentan mediante probas estandarizadas e criterios internacionalmente recoñecidos.

Facilítase un diagnóstico e as orientacións adecuadas ás características específicas de cada persoa, como fórmula que permita mellorar a intervención para realizar para a consecución dun desenvolvemento integral, así como potenciar a mellora da calidade de vida.

As orientacións diríxense á persoa se é adulta e con capacidade de comprensión, ás familias para que saiban como mellorar o desenvolvemento e a interacción co seu fillo/a e a profesionais externos (educativos principalmente)

Preguntas Frecuentes

A calquera persoa con sospeita de autismo ou dificultades no desenvolvemento.

O equipo de profesionais do servizo son psicólogas e psicopedagogas con ampla experiencia no diagnóstico de autismo e habilitación en probas específicas para este labor.

Establécese unha avaliación completa da persoa (a nivel cognitivo, adaptativo, social, sensorial,…), mediante probas estandarizadas, escalas de observación, entrevistas, establecendo un clima de confianza e adaptado ás necesidades da persoa e a súa familia.

A propia persoa se é maior de idade e os pais ou titores dun menor, serán os responsables de contactar coa entidade polo medio que elixan, a través do teléfono 981 130 044, por mail escribindo a valoracion@aspanaes.org ou a través do formulario de contacto que atoparás a continuación.

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. ASPANAES, como responsable do tratamento tratará os seus datos para xestionar as solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións ou queixas relacionados con actividade do responsable que se realizan a través da páxina web. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na Política de Privacidade.

En leste mesmo acto queda informado da obrigatoriedade de facer chegar esta mesma información ás persoas cuxos datos comunique.