Servizos centrais
Os servizos de Administración e Xestión constitúen un piar fundamental para o desenvolvemento da nosa Misión.
Os Servizos Centrais de Aspanaes garanten a operativa adecuada da Asociación xestionando de forma transparente os recursos económicos e humanos da Entidade, e promovendo accións de sensibilización social.
Teñen a responsabilidade de levar a cabo unha xestión óptima das relacións cos grupos de interese externos e internos e apoiar o desenvolvemento dunha cultura organizacional asentada en valores compartidos.




