Todo o que preciso saber sobre o cancro
Nova Guía Accesible sobre o Cancro para Persoas con TEA: Un Paso Adiante cara á Inclusión e á Comprensión
En Aspanaes, estamos comprometidos coa mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e das súas familias. Por iso, publicamos xunto a Pfizer a guía, TTodo o que preciso saber sobre o cancro, desenvolvida en colaboración coa Dra. Laura de Paz, xefa de oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Esta guía foi deseñada especificamente para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, utilizando un linguaxe sinxelo e accesible que facilita a comprensión de conceptos complexos relacionados co cancro. Explicamos de maneira clara que é o cancro, os tratamentos máis habituais e as súas posibles consecuencias, co obxectivo de que as nosas persoas usuarias e as súas familias poidan entender mellor a súa situación e os pasos a seguir no seu tratamento. Ademais, a guía inclúe recomendacións prácticas para manter unha calidade de vida óptima durante o proceso oncolóxico.
O noso obxectivo principal é que as persoas con diversidade funcional comprendan o seu diagnóstico e os tratamentos que recibirán, empoderándoas para que teñan un rol activo na súa saúde. Así mesmo, esta guía é unha ferramenta invalorable para os profesionais sanitarios, proporcionando orientacións claras sobre como comunicar e explicar os procesos oncolóxicos aos seus pacientes con TEA.
Como sinala Emma Cuesta, a nosa Responsábel de Saúde, “Esta guía é un paso adiante cara á igualdade de acceso á información na saúde das persoas con diversidade funcional, axudándoas a comprender e afrontar o cancro de maneira máis efectiva”.
Ademais, algúns dos debuxos que acompañan a guía foron realizados por adultos e escolares con TEA de Aspanaes, achegando un toque persoal e reflectindo a creatividade e o talento da nosa comunidade. Este esforzo conxunto non só facilita a comprensión do cancro, senón que tamén fomenta a participación activa e a inclusión das nosas persoas usuarias na creación de recursos que lles son útiles.


A guía Todo o que preciso saber sobre o cancro xa está dispoñible na web de Pfizer e será distribuída a todos os nosos asociados, garantindo que esta valiosa información chegue a quen máis a necesita. Invitamos a todas as persoas interesadas a acceder á guía e descubrir como este recurso pode transformar a maneira en que afrontan a enfermidade e mellorar o seu benestar emocional e físico.
En Aspanaes, continuamos traballando con dedicación e compromiso para ofrecer recursos especializados que apoien ás nosas persoas usuarias e as súas familias, promovendo sempre a inclusión, a igualdade de oportunidades e unha vida plena e digna para todas as persoas.
#SomosAspanaes #SomosTEA #Inclusión #CalidadeDeVida #Cancro #ApoyoIntegral






