Servizos de Atención Diurna Terapéutica

Aspanaes conta co Servizo de Atención Diúrna Terapéutica en réxime de contrato, con a Consellería de Política Social e Xuventude de a Xunta de Galicia, situado en 3 localizacións diferentes: Culleredo, Ferrol e Santiago.

O noso Servizo de Atención Diúrna Terapeútica (SADT) ten como finalidade prestar atención ás necesidades básicas, terapéuticas e sociais a persoas con Autismo maiores de 16 anos que teñan grandes e extensas necesidades de apoio, promovendo a súa autonomía, participación na sociedade e a súa calidade de vida, e favorecendo a súa permanencia na súa contorna habitual e familiar.

Os profesionais dos SADT promoven a habilitación persoal das persoas adultas con autismo, cuxa necesidade de apoio dificúltalles a inclusión laboral nun centro especial de emprego ou nunha empresa ordinaria.

Nos SADT realízanse entre outras, actividades terapéuticas, da vida diaria, de participación na sociedade ou formativas, ofrecendo a cada persoa as axudas que precisa a través de un Programa de Atención Individual adaptado ás necesidades e características propias

Estas necesidades e características son detectadas por medio dunha avaliación inicial completa.

O Programa de Atención Individual favorece o aumento da súa competencia social, a súa capacitación e a súa inclusión na contorna, mellorando as dimensións de calidade de vida e prestando gran atención ao benestar emocional de cada persoa.

Preguntas Frecuentes

Os Servizos de Atención Diúrna Terapéutica están dirixidos a  persoas con Autismo maiores de 16 anos con grandes e extensas necesidades de apoio

Os Servizos de Atención Diúrna Terapéutica de Aspanaes contan, polo menos, co seguinte persoal:

  • Director/a
  • Equipo técnico: psicólog@ , terapeuta ocupacional e logopeda.
  • Monitores de Atención Directa

Ademais das prestacións recollidas na carteira de servizos definida polo decreto 149/2013, nos servizos de Atención Diúrna Terapéutica proporciónanse os apoios e oportunidades necesarias para que as persoas usuarias e as súas familias poidan mellorar a súa calidade de vida.

Búscase desenvolver e mellorar a súa autonomía persoal en diferentes áreas da vida diaria: a comunicación, habilidades prelaborais, desenvolvemento emocional e físico, autocuidado etc.

Aspanaes conta con prazas contratadas coa Consellería de Política Social para os Servizos de Atención Diúrna Terapéutica. Ao ser prazas públicas, a asignación realízase a través do Programa Individual de Atención (PIA) para o que é necesario realizar unha solicitude de valoración de dependencia coa traballadora social de referencia.

Unha vez resolta a valoración de dependencia e asignado o recurso, a persoa pasa a formar parte dunha lista de espera pendente da asignación da praza no centro solicitado.

As prazas de atención diúrna terapéutica asígnanse por área xeográfica comarcal do domicilio da persoa solicitante.

Dirixímosvos á Xunta de Galicia para ampliar a información.

Os Centros de Día de Aspanaes