Coidador/a en Servizo de Atención Diurna Terapéutica Monte do Gozo


Inicio » Ofertas laborais »

Coidador/a en Servizo de Atención Diurna Terapéutica Monte do Gozo

Características da oferta

  • Categoría: Ciclo medio
  • Posto: Coidador/a
  • Duración: Contrato indefinido
  • Xornada: Xornada completa
  • Teletraballo: Non
  • Salario: Según convenio da actividade
  • Incorporación: Inmediata
  • Nivel de estudos: Atención a persoas en situación de dependencia
  • Requisitos complementarios: Coñecementos en habilidades e técnicas de traballo manipulativas.

Funcións e responsabilidades do posto

Dependendo de dirección do centro, as principais funcións son as seguientes:

  • Atender e supervisar ás persoas usuarias con TEA.
  • Participar na elaboración dos programas de desenvolvemento individual na área de autonomía.
  • Realizar as actividades que lle correspondan de acordo co programa individual deseñado co fin de alcanzar os obxectivos do mesmo.
  • Participar nas actividades realizadas fóra do centro cos demais profesionais.
  • Atención no comedor.
  • Manter e fomentar hábitos e habilidades relacionados co coidado da persoa con TEA.
  • Fomentar a adquisición de destrezas domésticas necesarias e hábitos de alimentación e hixiene correctos nas persoas usuarias.
  • Atención e/ou condución das furgonetas.
  • Elaborar os informes e documentos derivados da súa labor profesional.
  • Cumprimento dos procesos e procedementos informados pola entidade.
  • Asistencia ás coordinacións/formacións/talleres propostos polo servizo.

Competencias requeridas

  1. Capacidade para traballar en equipos de carácter interdisciplinar.
  2. Comunicación eficaz.
  3. Flexibilidade, adaptación e aprendizaxe.
  4. Empatía coas persoas usuarias.
  5. Responsabilidade e organización.
  6. Visión estratéxica e planificación.
  7. Estabilidade, consistencia emocional, alta tolerancia á frustración.
  8. Capacidade para afrontar o estrés derivado das súas tarefas profesionais.

Localización

Rúa das Estrelas s/n CP 15.820 – Santiago de Compostela

Xa non se reciben máis candidaturas para esta oferta laboral