Aspanaes en cifras
Somos unha Entidade Non lucrativa de Acción Social, traballamos para apoiar ás persoas con Autismo e ás súas familias, creando oportunidades para mellorar a súa calidade de vida.

Atendidas
Rede de apoio
Servizos Aspanaes


Servizo de Información y Orientación
Ofrecemos apoio a familias usuarias de Aspanaes, adaptándonos ás súas necesidades mediante entrevistas presenciais, virtuais ou telefónicas. Facilitamos orientación concreta para mellorar a súa calidade de vida.


Servizo de Valoración
Realizamos valoracións e diagnósticos con probas estandarizadas, brindamos atención a persoas usuarias e familias. Ofrecemos diagnósticos e orientacións para mellorar intervencións e calidade de vida.


S. Atención Temperá e Estratexias Psicoeducativas
Abordamos as necesidades de nenos con Autismo, ofrecendo intervención precoz ata os 6 anos en atención temperá e estratexias psicoeducativas dos 7 aos 16 anos para mellorar autonomía e calidade de vida.


Servizos de Educación Especial
Contamos con catro centros específicos para autismo na Coruña, As Pontes, Ferrol e Santiago. Brindamos ensino adaptado, apoio familiar, transporte e servizo de comedor.


Servizo de Habilidades Persoais y Sociais
Promovemos o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais en persoas en situación de dependencia. Buscamos mellorar relacións, resolver problemas e potenciar a comunicación, verbal e non verbal.


Servizo de Atención Diurna Terapéutica
Contamos con 3 Servizos de Atención Diúrna Terapéutica para persoas con Autismo maiores de 16 anos. Ofrecemos actividades terapéuticas e de vida diaria, promovendo a súa autonomía e participación social.


Servizos de Atención Residencial Terapéutica
Contamos con 2 Servizos de Atención Residencial Terapéutica. Ofrecemos acollida e convivencia temporal ou permanente para persoas adultas con autismo, promovendo unha vida independente e de calidade.


Servizos de Ocio e Tempo Libre
A través deste servizo ofrecemos oportunidades de Lecer Inclusivo e respiro familiar. Desenvolvemos programas anuais, incluíndo saídas e campamentos, promovendo a autonomía no tempo de lecer.
Sobre o Autismo
O autismo é unha condición de orixe neurobiológico que afecta á configuración do sistema nervioso. Preséntase desde os primeiros anos de vida, aínda que nalgunhas ocasións a súa detección alóngase no tempo.























