Aspanaes en Autismo Europa
O xoves 18 de abril, Fátima Díaz (Psicóloga) e Ana Velando (Coordinadora do Programa AVI), profesionais do Servizo de Atención Residencial e Terapéutica de As Pontes, participaron na xornada “Tarde de Boas Prácticas: Iniciativas para fomentar unha vida independente” (The Afternoon of Good Practices: “Initiatives to foster independent living”), organizadas por Autism-Europe
A ponencia realizada baseouse no traballo previo para o desenvolvemento dunha vida independente, que se levou a cabo a través de apoios no SART de As Pontes.
Presentáronse materiais creados en función das dificultades que se foron atopando no desenvolvemento de dito proxecto.
O anclaxe motivador e inspirador do equipo profesional é mellorar a calidade de vida d@s rapaces e rapazas residentes, compartir o seu bo facer, innovando, buscando novas estratexias e ferramentas de intervención. Así o demostran, ¡porque el@s son de acción!
Os compartimos a ponencia en versión orixinal e o vídeo ilustrativo, estando moi seguros de que este proxecto terá un longo percorrido, de replicabilidade e impacto positivo nas persoas con autismo que atendemos.






